Ciencias Sociais 4º ESO
martes, 14 de junio de 2016
Contidos recuperación 2ª avaliación
TEMA 4
Indica as principais características das seguintes constitucións: 1812, 1837, 1845, 1869, 1876
Explica os acontecementos que provocaron a Guerra da Independencia española
Indica as principais etapas do Sexenio Democrático e os feitos máis destacados de cada unha delas
Explica as principais características do réxime da Restauración a partir de 1876
TEMA 6
Enumera y describe las causas del imperialismo
Describe e pon un exemplo de cada unha das tres diferentes clases de colonia
Describe as consecuencias do imperialismo
TEMA 7
Indica as principais características e algún representante e obra dos seguintes estilos: Rococó, neoclásico, romanticismo, realismo, impresionismo, modernismo.
TEMA 8
Indica o papel xogado por o imperialismo e o nacionalismo no desencadeamento da 1ª Guerra Mundial
Describe as tres fases da 1ª Guerra Mundial, indicando os principais acontecementos de cada unha delas
Describe os principais cambios territoriais derivados do Tratado de Versalles
DEFINICIÓNS:
- Tratado de Valençay
- Tratado de Fontainebleau
- Prim
- Unión Liberal
- A Gloriosa
- Quenda pacífica
- Narváez
- Etnocentrismo
- Livingstone, Stanley, Brazza
- Maraxás
- Sipaios
- Tripla alianza
- Triplo acordo
- Menxeviques
- Bolxeviques
- Tratado de Brest-Litovsk
Contidos recuperación 1ª avaliación
TEMA 1
- Revolución demográfica: concepto e desenvolvemento (pax. 6)
- Estrutura sociedade estamental (pax. 8-9)
- Ilustración: principios (aptdo 3.1 pax. 10) e representantes (aptdo "O pensamento político")
- Guerra de Sucesión: causas, resultado, Tratado Utrech, Decretos de Nova Planta (pax. 16-17)
TEMA 2
- Liberalismo: concepto e características (páx 28)
- Nacionalismo: concepto nación e Estado, definición nacionalismo (pax. 29)
- Revolución Francesa: causas (aptdos 2.1 e 2.2 pax. 30), liña cronolóxica (exercico pax 42), características diferentes fases (aptdo 2.3 pax. 31)
- Napoleón: expansión liberalismo e nacionalismo, caida (aptdo 4.3, pax. 37)
- Restauración: definición e principios ideolóxicos (pax 38)
TEMA 3:
- 1ª e 2ª Revolución Industrial: principais fontes de enerxía, sectores e medios de transporte de cada unha delas
- Capitalismo: principios, explicación lei oferta e demanda (pax 54)
- Movementos sociais: definición de ludismo, sindicato. Semellanzas e diferencias entre marxismo-comunismo, socialismo e anarquismo (pax 62-63)
TEMA 5:
- Entrada anterior do blog http://sociais4eso.blogspot.com.es/2015/12/contido-tema-5-para-o-2-parcial-da-1.html
Definicións: soberanía nacional (pax. 11), separación de poderes (pax. 28), sufraxio censatario/universal (pax 28), Convención Nacional (pax 32), lei de sospeitosos e de maximum (pax. 32), Directorio (pax 33), lanzadeira volante (pax 51), librecambio/proteccionismo (pax 52).

Contidos recuperación 3º Avaliación
Tema 9
Causas do crack do 29
Describe as principais medidas do New Deal e como provocou a recuperación respecto os efectos da Gran Depresión
Describe as principais características do fascismo
Describe as diferentes alianzas previas ó estalido da Segunda Guerra Mundial
Describe a 1ª/2ª fase da Segunda Guerra Mundial
Indica a estrutura, funcionamento e membros do Consello de Seguridade da ONU
Tema 10
Describe os bienio reformista e dereitista da II República española, indicando as medidas políticas e os principais acontecementos do periodo
Describe as principais fases da Guerra Civil española
Tema 11
Paises pertencentes ó bloque comunista e capitalista
Principais incidentes da guerra fría: Crise do bloqueo de Berlín, Guerra de Corea, Crise dos misiles de Cuba, Guerra de Vietnam
Principais características dos dous bloques dende o punto de vista social, económico e político
Fin da guerra fría e consecuencias
Tema 12
Evolución das relacións exteriores do franquismo
A economía do franquismo: Autarquía e Plan de Estabilización
Principais acontecementos no final do franquismo
Tema 13
A política de consenso no inicio da democracia
A Constitución de 1978: principais características
Definicións:
Disuasión nuclear
Autarquía
Spútnik
Pano de aceiro
COMECON
República Federal de Alemaña
Guerra das Galaxias
Perestroika
Glásnost
Maquis
Carlos Arias Navarro
Yuri Gagarin
Partido Nacional Fascista
Seccións de Asalto
Fasci de Combate
Blitzrieg
6 de xuño de 1944
1 de setembro de 1939
Batalla de Stalingrado
Holocausto
Ditadura de Primo de Rivera
CEDA
1 de Abril de 1939
17 de Xullo de 1936
14 de Abril de 1931

domingo, 5 de junio de 2016
lunes, 30 de mayo de 2016
viernes, 27 de mayo de 2016
Tema 11: A Guerra Fría
Guerra Fría (1947-1989)
ASPECTOS XERAIS
Chámase Guerra Fría á etapa que vai dende 1947 a 1989 marcada pola rivalidade entre as dúas superpotencias vencedoras da Segunda Guerra Mundial. Por un lado Estados Unidos (EE.UU) dirixindo o bloque capitalista, por outro lado a Unión Soviética (URSS) dirixindo o bloque comunista. Era, por tanto, un sistema bipolar.
Evitouse a guerra directa ("quente") entre as dúas superpotencias, existindo enfrontamento por calquera outro método e a través de terceiros países. A razón foi o medo á destrución global causada por un conflito atómico (teoría MAD "Destrución Mutua Asegurada").

A rivalidade política manifestouse en case tódolos ámbitos:
·Carreira militar para lograr un exército más poderoso e un
maior arsenal nuclear.
·Carreira espacial buscando aumentar o prestixio
internacional para sumar máis apoios. A URSS dominou a maior parte do tempo
(primeiro satélite (el Spútnik), primeiro ser vivo no espazo (Laika), primeiros
home e muller no espazo (Yuri Gagarin, Valentina Tereshkova)) pero EEUU foi o
primeiro en enviar una misión tripulada á Lúa e convenceu o mundo de que a
carreira remataba alí.
·Competencia deportiva nas olimpíadas (triunfo da URSS en
baloncesto en Múnic 72, vitorias en atletismo da RDA “favorecidas” polo dopaxe,
boicot de EEUU ás olimpíadas de Moscova no 1980 e da URSS e Europa do Leste á olimpíadas
de Os Ánxelo en 1984)
·Guerra sucia entre os espías da CIA e os da KGB
Cada superpotencia tiña a súa área de
influencia, separada en Europa polo chamado por Churchill “pano de aceiro”,
liña imaxinaria dende o Báltico ata o Adriático que separaba ambos bloques:
- Bloque occidental:
caracterizábase por sistema económico capitalista, politicamente
fragmentado en democracias e ditaduras, e liderado polos Estados Unidos.
Formábano os países de Europa occidental (Reino Unido, Francia, Italia, Grecia,
etc; a partir do 53 España), o continente americano (agás Cuba), Xapón,
Australia e Nova Zelandia.
-
Bloque
oriental: tamén se coñeceu como bloque do leste, ou bloque soviético ou
comunista. Nel estaban integrados a Unión Soviética, que exercía o mando, e os
países de Europa oriental (Polonia, a República Democrática Alemana,
Checoslovaquia, Hungría, Romanía e Bulgaria), aos que se uniron posteriormente
China, Corea do Norte, Vietnam e Cuba.
Ambos
bloques tiñan diversas organizacións e ideoloxía para unir os diferentes países
de acordo a diversos intereses:
-
Organizacións
militares: OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte) fronte ó Pacto de
Varsovia
-
Apoio
económico: Plan Marshall (apoio económico estadounidense á reconstrución
europea tras a II Guerra Mundial) fronte á COMECON (organización de apoio
económico ós países do bloque do Leste)
-
Soporte
ideolóxico: a Doutrina Truman (apoio militar e económico a calquera país que
desexe loitar contra a influencia comunista) fronte á Doutrina Jdanov (apoio
militar e económico a calquera país que desexe loitar contra a influencia
capitalista). Ambas doutrinas afirman defender a causa da liberdade e a
democracia...
Primeira fase da guerra fría (1947-1953)
Se crean
os bloques capitalista e comunista e se considera a fase máis belixerante. Os
principais conflitos son:
Crise de
Berlín (1948-1949):
Como vimos anteriormente, Berlín, igual que o resto de
Alemaña, tamén foi ocupada e dividida en catro zonas polos aliados. En xuño de
1948 reunificáronse os territorios alemáns administrados polas outras tres
potencias aliadas co fin de crear a República Federal Alemá. Como resposta, a Unión
Soviética decretou o bloqueo de Berlín, que se atopaba en territorio baixo o
seu control, impedindo o abastecemento e as comunicacións cos outros sectores
berlineses dos EEUU, Gran Bretaña e Francia. Os EEUU e Gran Bretaña responderon
cunha ponte aérea militar de 1.400 voos diarios para atender as necesidades dos
berlineses occidentais.
Truman ameazou a Stalin coa guerra se a axuda era
interceptada. Stalin puxo fin ao bloqueo en 1949, ao fracasar o seu intento de
controlar toda a cidade. Como remate desta crise, este mesmo ano constitúense a
República Federal de Alemaña, integrada no bloque occidental, e a República
Democrática Alemá, integrada no bloque oriental.
Guerra de Corea (1950-1953):
Cando remata a II Guerra Mundial e se libera o territorio
asiático continental que fora invadido por Xapón, Corea dividiuse en dúas
partes separadas polo paralelo 38º N: Corea
do Norte, cun réxime comunista e aliada da URSS, e Corea do Sur, cun réxime anticomunista
e aliada dos EEUU.
En
1950 Corea do Norte invadiu Corea do Sur para unificar os dous territorios, o
que provocou a intervención militar dos EEUU (baixo a autorización da ONU) para
evitar a extensión do comunismo e a intervención da URSS e China para o
contrario. Despois de tres anos de guerra temíase que este conflito puidese
xerar unha guerra mundial (O xeneral norteamericano MacArthur foi inmediatamente
relevado tras propoñelo ó Alto Mando) , e iniciáronse negociacións de paz. Ao
remate, a situación volveu a como estaba en 1950, con Corea dividida en dous
Estados, ata a actualidade. A día de hoxe a guerra segue en tregua, pois nunca
se firmou a paz definitiva.
Segunda fase da guerra fría: coexistencia pacífica
(1953-1975)
Esta
fase caracterízase por unha menor tensión: os dous bloques danse conta da
imposibilidade de gañar unha guerra atómica e comezan a dialogar e a recoñecer
a existencia do outro. Truman o Stalin dan paso a novos dirixentes como Kennedy o Krushev que afirman buscar a paz:
sen embargo, prodúcense graves conflitos nesta época.
Crise Cubana (1962)
En 1959, Fidel Castro tomou o poder en Cuba
derrubando ó ditador Batista. Rexeitado polos EEUU, foise achegando á Unión
Soviética, ata implantar un réxime comunista en 1961. Este feito produciu unha
conmoción nos EEUU, porque supuña ter nas súas fronteiras un inimigo
ideolóxico. Intentouse unha invasión por parte das forzas anticastristas
exiliadas en Florida (Baía de Cochinos), pero foi un fracaso absoluto.
No verán de 1962 os norteamericanos descobren mediante
avións espía ramplas de foguetes soviéticos que poderían levar armas atómicas.
Xa que logo, a seguridade dos EEUU viuse fortemente ameazada. Neste punto, a
tensión entre os EEUU e a URSS alcanzou o máximo nivel de toda a Guerra Fría:
Kennedy ordenou a blocaxe naval da illa para impedir a chegada de barcos
soviéticos, advertíndolle a Kruschev que ordenase aos seus barcos volver ás
súas bases ou os Estados Unidos o impedirían pola forza. O mundo enteiro estivo
a piques dunha guerra nuclear. Kruschev ordenou a retirada dos seus barcos e as
bases de lanzamento foron desmanteladas. Posteriormente se descubriu que se
lograra un acordo secreto polo que EEUU se comprometía a retirar os seus
misiles de Turquía a cambio da retirada de Cuba.
Guerra de Vietnam (1965-1973):
Rematada a II Guerra Mundial e logo de expulsados os
xaponeses do sueste asiático, Francia quixo manter esta colonia, aínda que os
vietnamitas querían a independencia. En 1954, e tras seren derrotados os
franceses, na Conferencia de Xenebra decidiuse a independencia e a partición de
Vietnam en dúas zonas separadas polo paralelo 17º N: Vietnam do Norte, cun
réxime comunista apoiado pola URSS e a China, e Vietnam do Sur, cunha ditadura
apoiada por Francia e os Estados Unidos, para evitar a expansión do comunismo
nesa zona de Asia.
En 1965 estoupa o conflito entre as dúas zonas como
resultado dos enfrontamentos entre as dúas superpotencias. Os EEUU enviaron
armas e soldados para apoiar a Vietnam do Sur. A URSS e China apoiaron a
Vietnam do Norte. A guerra foi moi impopular en EEUU, e finalmente os
norteamericanos retiráronse en 1973; en 1975, Vietnam do Norte conquistou todo
o país e implantou un réxime comunista.
GUERRA
PERIFÉRICAS
Ademais dos conflitos indicados, existiron
outros conflitos menores na guerra fría:
Conflitos armados promovidos pola URSS
·
Apoio
a guerrillas comunistas en Colombia, Perú, O Salvador, Uruguai, Guatemala,
etc.
Conflitos armados promovidos por EEUU
·
Intervencións
militares de EEUU nas guerras civís de Grecia (46-49), Líbano (58).
·
Ataques
e invasións de Granada (82), Panamá (89)
·
Apoio
a guerrillas anticomunistas: Angola, Mozambique, Afganistán (yihadistas),
Nicaragua, Etiopía.
Oriente Medio:
Catro
conflitos armados entre 1948 e 1973 que enfrontaron os países árabes da zona
(Siria, Arabia Saudita, Exipto, etc.) con Israel, armada por EEUU e que venceu en
todos elos. A derrota de 1973 levou a Arabia Saudita a subir en represalia os
prezos do petróleo, o que provocou unha crise económica mundial.
CONFLITOS INTERNOS EN CADA BLOQUE
A nivel interno, cada bloque sufriu divisións internas, revoltas populares reprimidas violentamente e sanguentas guerras civís:
·
URSS:
·
Persecucións políticas e represión da disidencia interna
·
Represión militar das movilizacións de
protesta:
revolución húngara (1956) e primavera de Praga (1968).
·
Construción
do muro de Berlín (1961),
para impedir a fuxida ó lado capitalista dos habitantes de esta cidade.
·
Ruptura entre los dirixentes da URSS e os ditadores
comunistas de Iugoslavia (Tito) e os de China (Mao Zedong).
·
EE.UU:
·
Persecucións políticas: caza de bruxas con McCarthy (encarceramento
de membros e simpatizantes do Partido Comunista)
·
Mobilizacións de protesta: contra a discriminación racial (movemento
polos dereitos civís), contra a
guerra de Vietnam, contra o sistema capitalista (Maio del 68 en París en
México).
·
Golpes de estado en Irán (53), Guatemala (54), Brasil
(64), Chile (contra Salvador Allende en 1973) Uruguai (73) Arxentina (76)
Paraguai (89). Todos golpes militares sanguentos apoiados abertamente o en
segredo por EEUU contra gobernos elixidos democraticamente.
SITUACIÓN INTERNA EN CADA BLOQUE
Características
internas de cada zona:
·
Bloque
capitalista:
·
Economía: sistema de capitalismo mixto, inversión
privada con gran inversión pública, polo que as empresas privadas conviven con
potentes empresas públicas.
·
Sociedade: sociedade de consumo na que
predomina a clase media con
gran capacidade de consumo. La clase baixa se reduce e se mantén a clase alta. Isto
foi posible grazas á creación do Estado
do Benestar. Por primeira vez, o Estado comprométese a garantir uns
dereitos sociais e laborais mínimos para todos los cidadáns, impostos directos
proporcionais á riqueza (pagan más os
que máis teñen). Estas medidas foron apoiadas por todos os partidos occidentais
para evitar que os comunistas aumentaran o seu apoio popular e ganaran as
eleccións.
·
Política:
gran popularidade da democracia
parlamentaria. Partidos socialdemócratas (esquerda) e partidos liberais ou conservadores
(dereita). Ambos respectan un sistema mixto de libre mercado e Estado do
Benestar.
·
Bloque
comunista:
·
Economía: sistema de socialismo de estado,
unicamente inversión pública e empresas públicas.
· Sociedade:
predominio da clase media pero
con escasa capacidade de consumo. A clase baixa case desaparece e redúcese a
clase alta. Os primeiros que se comprometeron a garantir unha serie de dereitos
económicos e sociais a todos os seus cidadáns, pero a partir de finais dos 60
os problemas económicos reduciron o nivel de vida e se pasou a un predominio da clase media-baixa.
·
Política: ditaduras bautizadas como democracias
populares, moi impopulares.
Terceira fase: Fin da guerra fría (1975-1989)
A partir de 1981, os EEUU, baixo a
presidencia de Ronald Reagan, comezan o custosísimo plan de defensa chamado
Iniciativa para a Defensa Estratéxica (Guerra das Galaxias). A grave crise
económica que padecía a URSS dende os 70 impediulle levar a cabo un plan
semellante para contrarrestar o plan norteamericano, e o aumento do gasto
militar fai que as condicións de vida sexan cada día peores.
Por iso van ser os soviéticos os que lles propoñan aos EEUU o desarmamento nuclear, nas reunións celebradas entre Reagan, presidente dos EEUU e Gorbachov, máxima autoridade soviética desde 1985. O. Para iso iniciou una serie de reformas económicas (introducindo elementos capitalistas) políticas (a perestroika, que introduce elementos democráticos) e informativas (a glásnost, maior liberdade de expresión e transparencia informativa).
Entre as medidas democratizadoras estaban a celebración de eleccións libres nas repúblicas soviéticas: isto levou á vitoria de partidos anticomunistas e nacionalistas, e algúns deles, como en Estonia, Letonia e Lituania, proclamaron a súa independencia. Isto levou á disolución da URSS en 15 repúblicas, a maior das cales é Rusia. Ó mesmo tempo, unha serie de revolucións nos países de Europa do Leste culminan no derrubamento do muro de Berlín en novembro de 1989, acontecemento que marca simbolicamente a caída do pano de aceiro e o final do bloque comunista. En 1991, non só os países satélites abandonan o comunismo, a propia URSS se descompón en 15 repúblicas independentes, todas elas con sistemas non comunistas. China tamén sufriu revolucións populares para democratizar o país, pero o goberno as reprimiu duramente (Matanza da plaza Tian'anmen en 1989, cerca de 3.000 mortos). Tras a desaparición da Unión Soviética, estableceuse unha nova orde mundial, baseada na hexemonía de Estados Unidos.
Actualmente sobreviven poucos países col sistema comunista. Algúns adaptaron a
súa economía ó capitalismo (China e Vietnam) conservando a parte política (ditadura)
pero con unha economía integrada no capitalismo internacional. Outros mantense
precariamente (Cuba e Corea do Norte).
A caída do comunismo afectou ó primeiro mundo. Ó quedar desprestixiadas as opcións electorais de esquerda, os gobernantes reduciron os servizos do estado do benestar e privatizaron as empresas públicas (doutrina neoliberal). O resultado foi un aumento da desigualdade económica e da precariedade para a clase media e baixa do bloque capitalista. Por outro lado, os traballadores da antigo bloque comunista e o terceiro mundo melloraron en xeral a súa situación.

lunes, 23 de mayo de 2016
Tema 12 en mapas conceptuales
Punto 1:
https://www.text2mindmap.com/deLCwEP
Punto 2
text2mindmap.com/LM9uGX9
Punto 3
https://bubbl.us/mindmap?h=346afb/68cf9e/347kcM/jd7U..
Punto 4
https://www.text2mindmap.com/GXDFVEo
https://www.text2mindmap.com/h0kRywd
https://www.text2mindmap.com/jzZVWWX
https://bubbl.us/mindmap?h=346335/68c004/34miGtUH9BsLY
Punto 5
https://www.text2mindmap.com/usr93FZ
Punto 6
https://bubbl.us/mindmap?h=3438a8/686b48/34Bx5ZQwnAlZo
https://drive.google.com/open?id=0B8Us_YP247pfM3JvOWNEdzNhMlhmVzYzZmhLLXRqMWtNeTZ3

Suscribirse a:
Entradas (Atom)