martes, 14 de junio de 2016

Contidos recuperación 2ª avaliación



TEMA 4

Indica as principais características das seguintes constitucións: 1812, 1837, 1845, 1869, 1876


Explica os acontecementos que provocaron a Guerra da Independencia española

Indica as principais etapas do Sexenio Democrático e os feitos máis destacados de cada unha delas

Explica as principais características do réxime da Restauración a partir de 1876


TEMA 6

Enumera y describe las causas del imperialismo

Describe e pon un exemplo de cada unha das tres diferentes clases de colonia

Describe as consecuencias do imperialismo



TEMA 7


Indica as principais características e algún representante e obra dos seguintes estilos: Rococó, neoclásico, romanticismo, realismo, impresionismo, modernismo.

TEMA 8

Indica o papel xogado por o imperialismo e o nacionalismo no desencadeamento da 1ª Guerra Mundial

Describe as tres fases da 1ª Guerra Mundial, indicando os principais acontecementos de cada unha delas

Describe os principais cambios territoriais derivados do Tratado de Versalles

DEFINICIÓNS:

- Tratado de Valençay

- Tratado de Fontainebleau

- Prim

- Unión Liberal

- A Gloriosa

- Quenda pacífica

- Narváez


- Etnocentrismo

- Livingstone, Stanley, Brazza

- Maraxás

- Sipaios

- Tripla alianza

- Triplo acordo

- Menxeviques

- Bolxeviques

- Tratado de Brest-Litovsk

Contidos recuperación 1ª avaliación

TEMA 1 

- Revolución demográfica: concepto e desenvolvemento (pax. 6)
- Estrutura sociedade estamental (pax. 8-9)
- Ilustración: principios (aptdo 3.1 pax. 10) e representantes (aptdo "O pensamento político")
- Guerra de Sucesión: causas, resultado, Tratado Utrech, Decretos de Nova Planta (pax. 16-17)


TEMA 2


- Liberalismo: concepto e características (páx 28)
- Nacionalismo: concepto nación e Estado, definición nacionalismo (pax. 29)
- Revolución Francesa: causas (aptdos 2.1 e 2.2 pax. 30), liña cronolóxica (exercico pax 42), características diferentes fases (aptdo 2.3 pax. 31)
- Napoleón: expansión liberalismo e nacionalismo, caida (aptdo 4.3, pax. 37)
- Restauración: definición e principios ideolóxicos (pax 38)


TEMA 3:


- 1ª e 2ª Revolución Industrial: principais fontes de enerxía, sectores e medios de transporte de cada unha delas
- Capitalismo: principios, explicación lei oferta e demanda (pax 54)
- Movementos sociais: definición de ludismo, sindicato. Semellanzas e diferencias entre marxismo-comunismo, socialismo e anarquismo (pax 62-63)


TEMA 5:


- Entrada anterior do blog http://sociais4eso.blogspot.com.es/2015/12/contido-tema-5-para-o-2-parcial-da-1.html


Definicións: soberanía nacional (pax. 11), separación de poderes (pax. 28), sufraxio censatario/universal (pax 28), Convención Nacional (pax 32), lei de sospeitosos e de maximum (pax. 32), Directorio (pax 33), lanzadeira volante (pax 51), librecambio/proteccionismo (pax 52). 

Contidos recuperación 3º Avaliación

Tema 9
 
Causas do crack do 29

Describe as principais medidas do New Deal e como provocou a recuperación respecto os efectos da Gran Depresión

Describe as principais características do fascismo

Describe as diferentes alianzas previas ó estalido da Segunda Guerra Mundial

Describe a 1ª/2ª fase da Segunda Guerra Mundial

Indica a estrutura, funcionamento e membros do Consello de Seguridade da ONU


Tema 10

Describe os bienio reformista e dereitista da II República española, indicando as medidas políticas e os principais acontecementos do periodo

Describe as principais fases da Guerra Civil española

Tema 11

Paises pertencentes ó bloque comunista e capitalista

Principais incidentes da guerra fría: Crise do bloqueo de Berlín, Guerra de Corea, Crise dos misiles de Cuba, Guerra de Vietnam

Principais características dos dous bloques dende o punto de vista social, económico e político

Fin da guerra fría e consecuencias

Tema 12

Evolución das relacións exteriores do franquismo

A economía do franquismo: Autarquía e Plan de Estabilización

Principais acontecementos no final do franquismo

Tema 13

A política de consenso no inicio da democracia


A Constitución de 1978: principais características


Definicións:


Disuasión nuclear 

Autarquía

Spútnik

Pano de aceiro

COMECON

República Federal de Alemaña

Guerra das Galaxias

Perestroika

Glásnost

Maquis

Carlos Arias Navarro

Yuri Gagarin

Partido Nacional Fascista

Seccións de Asalto

Fasci de Combate

Blitzrieg

6 de xuño de 1944

1 de setembro de 1939

Batalla de Stalingrado

Holocausto

Ditadura de Primo de Rivera

CEDA

1 de Abril de 1939

17 de Xullo de 1936

14 de Abril de 1931


viernes, 27 de mayo de 2016

Tema 11: A Guerra Fría



Guerra Fría (1947-1989)
ASPECTOS XERAIS

Chámase  Guerra Fría á etapa que vai dende 1947 a 1989 marcada pola rivalidade entre as dúas superpotencias vencedoras da Segunda Guerra Mundial. Por un lado Estados Unidos (EE.UU) dirixindo o bloque capitalista, por outro lado a Unión Soviética (URSS) dirixindo o bloque comunista. Era, por tanto, un sistema bipolar.

Evitouse a guerra directa ("quente") entre as dúas superpotencias, existindo enfrontamento por calquera outro método e a través de terceiros países. A razón foi o medo á destrución global causada por un conflito atómico (teoría MAD "Destrución Mutua Asegurada").



A rivalidade política manifestouse en case tódolos ámbitos:

·Carreira militar para lograr un exército más poderoso e un maior arsenal nuclear.
·Carreira espacial buscando aumentar o prestixio internacional para sumar máis apoios. A URSS dominou a maior parte do tempo (primeiro satélite (el Spútnik), primeiro ser vivo no espazo (Laika), primeiros home e muller no espazo (Yuri Gagarin, Valentina Tereshkova)) pero EEUU foi o primeiro en enviar una misión tripulada á Lúa e convenceu o mundo de que a carreira remataba alí.
·Competencia deportiva nas olimpíadas (triunfo da URSS en baloncesto en Múnic 72, vitorias en atletismo da RDA “favorecidas” polo dopaxe, boicot de EEUU ás olimpíadas de Moscova no 1980 e da URSS e Europa do Leste á olimpíadas de Os Ánxelo en 1984)
·Guerra sucia entre os espías da CIA e os da KGB

Cada superpotencia tiña a súa área de influencia, separada en Europa polo chamado por Churchill “pano de aceiro”, liña imaxinaria dende o Báltico ata o Adriático que separaba ambos bloques:

-   Bloque  occidental:  caracterizábase por sistema económico capitalista, politicamente fragmentado en democracias e ditaduras, e liderado polos Estados Unidos. Formábano os países de Europa occidental (Reino Unido, Francia, Italia, Grecia, etc; a partir do 53 España), o continente americano (agás Cuba), Xapón, Australia e Nova Zelandia.
-       Bloque oriental: tamén se coñeceu como bloque do leste, ou bloque soviético ou comunista. Nel estaban integrados a Unión Soviética, que exercía o mando, e os países de Europa oriental (Polonia, a República Democrática Alemana, Checoslovaquia, Hungría, Romanía e Bulgaria), aos que se uniron posteriormente China, Corea do Norte, Vietnam e Cuba.


Ambos bloques tiñan diversas organizacións e ideoloxía para unir os diferentes países de acordo a diversos intereses:
-       Organizacións militares: OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte) fronte ó Pacto de Varsovia
-       Apoio económico: Plan Marshall (apoio económico estadounidense á reconstrución europea tras a II Guerra Mundial) fronte á COMECON (organización de apoio económico ós países do bloque do Leste)
-       Soporte ideolóxico: a Doutrina Truman (apoio militar e económico a calquera país que desexe loitar contra a influencia comunista) fronte á Doutrina Jdanov (apoio militar e económico a calquera país que desexe loitar contra a influencia capitalista). Ambas doutrinas afirman defender a causa da liberdade e a democracia...

Primeira fase da guerra fría (1947-1953)

Se crean os bloques capitalista e comunista e se considera a fase máis belixerante. Os principais conflitos son:

            Crise de Berlín (1948-1949):
Como vimos anteriormente, Berlín, igual que o resto de Alemaña, tamén foi ocupada e dividida en catro zonas polos aliados. En xuño de 1948 reunificáronse os territorios alemáns administrados polas outras tres potencias aliadas co fin de crear a República Federal Alemá. Como resposta, a Unión Soviética decretou o bloqueo de Berlín, que se atopaba en territorio baixo o seu control, impedindo o abastecemento e as comunicacións cos outros sectores berlineses dos EEUU, Gran Bretaña e Francia. Os EEUU e Gran Bretaña responderon cunha ponte aérea militar de 1.400 voos diarios para atender as necesidades dos berlineses occidentais.
Truman ameazou a Stalin coa guerra se a axuda era interceptada. Stalin puxo fin ao bloqueo en 1949, ao fracasar o seu intento de controlar toda a cidade. Como remate desta crise, este mesmo ano constitúense a República Federal de Alemaña, integrada no bloque occidental, e a República Democrática Alemá, integrada no bloque oriental.

Guerra de Corea (1950-1953):

Cando remata a II Guerra Mundial e se libera o territorio asiático continental que fora invadido por Xapón, Corea dividiuse en dúas partes separadas polo paralelo 38º N:  Corea do Norte, cun réxime comunista e aliada da URSS, e Corea do Sur, cun réxime anticomunista e aliada dos EEUU.
En 1950 Corea do Norte invadiu Corea do Sur para unificar os dous territorios, o que provocou a intervención militar dos EEUU (baixo a autorización da ONU) para evitar a extensión do comunismo e a intervención da URSS e China para o contrario. Despois de tres anos de guerra temíase que este conflito puidese xerar unha guerra mundial (O xeneral norteamericano MacArthur foi inmediatamente relevado tras propoñelo ó Alto Mando) , e iniciáronse negociacións de paz. Ao remate, a situación volveu a como estaba en 1950, con Corea dividida en dous Estados, ata a actualidade. A día de hoxe a guerra segue en tregua, pois nunca se firmou a paz definitiva.



Segunda fase da guerra fría: coexistencia pacífica (1953-1975)

Esta fase caracterízase por unha menor tensión: os dous bloques danse conta da imposibilidade de gañar unha guerra atómica e comezan a dialogar e a recoñecer a existencia do outro. Truman o Stalin dan paso a novos dirixentes como  Kennedy o Krushev que afirman buscar a paz: sen embargo, prodúcense graves conflitos nesta época.

            Crise Cubana (1962)

En 1959, Fidel Castro tomou o poder en Cuba derrubando ó ditador Batista. Rexeitado polos EEUU, foise achegando á Unión Soviética, ata implantar un réxime comunista en 1961. Este feito produciu unha conmoción nos EEUU, porque supuña ter nas súas fronteiras un inimigo ideolóxico. Intentouse unha invasión por parte das forzas anticastristas exiliadas en Florida (Baía de Cochinos), pero foi un fracaso absoluto.

No verán de 1962 os norteamericanos descobren mediante avións espía ramplas de foguetes soviéticos que poderían levar armas atómicas. Xa que logo, a seguridade dos EEUU viuse fortemente ameazada. Neste punto, a tensión entre os EEUU e a URSS alcanzou o máximo nivel de toda a Guerra Fría: Kennedy ordenou a blocaxe naval da illa para impedir a chegada de barcos soviéticos, advertíndolle a Kruschev que ordenase aos seus barcos volver ás súas bases ou os Estados Unidos o impedirían pola forza. O mundo enteiro estivo a piques dunha guerra nuclear. Kruschev ordenou a retirada dos seus barcos e as bases de lanzamento foron desmanteladas. Posteriormente se descubriu que se lograra un acordo secreto polo que EEUU se comprometía a retirar os seus misiles de Turquía a cambio da retirada de Cuba.


           

            Guerra de Vietnam (1965-1973):

Rematada a II Guerra Mundial e logo de expulsados os xaponeses do sueste asiático, Francia quixo manter esta colonia, aínda que os vietnamitas querían a independencia. En 1954, e tras seren derrotados os franceses, na Conferencia de Xenebra decidiuse a independencia e a partición de Vietnam en dúas zonas separadas polo paralelo 17º N: Vietnam do Norte, cun réxime comunista apoiado pola URSS e a China, e Vietnam do Sur, cunha ditadura apoiada por Francia e os Estados Unidos, para evitar a expansión do comunismo nesa zona de Asia.
En 1965 estoupa o conflito entre as dúas zonas como resultado dos enfrontamentos entre as dúas superpotencias. Os EEUU enviaron armas e soldados para apoiar a Vietnam do Sur. A URSS e China apoiaron a Vietnam do Norte. A guerra foi moi impopular en EEUU, e finalmente os norteamericanos retiráronse en 1973; en 1975, Vietnam do Norte conquistou todo o país e implantou un réxime comunista.


GUERRA PERIFÉRICAS

Ademais dos conflitos indicados, existiron outros conflitos menores na guerra fría:

Conflitos armados promovidos pola URSS

·       Apoio a guerrillas comunistas en Colombia, Perú, O Salvador, Uruguai, Guatemala, etc. 

Conflitos armados promovidos por EEUU

·       Intervencións militares de EEUU nas guerras civís de Grecia (46-49), Líbano (58).

·       Ataques e invasións de Granada (82), Panamá (89)

·       Apoio a guerrillas anticomunistas: Angola, Mozambique, Afganistán (yihadistas), Nicaragua, Etiopía.

Oriente Medio:

Catro conflitos armados entre 1948 e 1973 que enfrontaron os países árabes da zona (Siria, Arabia Saudita, Exipto, etc.) con Israel, armada por EEUU e que venceu en todos elos. A derrota de 1973 levou a Arabia Saudita a subir en represalia os prezos do petróleo, o que provocou unha crise económica mundial.

CONFLITOS INTERNOS EN CADA BLOQUE

A nivel interno, cada bloque sufriu divisións internas, revoltas populares reprimidas violentamente e sanguentas guerras civís:

·       URSS: 
·       Persecucións políticas e represión da disidencia interna 

·       Represión militar das movilizacións de protesta: revolución húngara (1956) e primavera de Praga (1968).

·       Construción do muro de Berlín (1961), para impedir a fuxida ó lado capitalista  dos habitantes de esta cidade.

·       Ruptura entre los dirixentes da URSS e os ditadores comunistas de Iugoslavia (Tito) e os de China (Mao Zedong). 
·       EE.UU: 
·       Persecucións políticas: caza de bruxas con McCarthy (encarceramento de membros e simpatizantes do Partido Comunista)

·       Mobilizacións de protesta: contra a discriminación racial (movemento polos dereitos civís), contra a guerra de Vietnam, contra o sistema capitalista (Maio del 68 en París en México).

·       Golpes de estado en Irán (53), Guatemala (54), Brasil (64), Chile (contra Salvador Allende en 1973) Uruguai (73) Arxentina (76) Paraguai (89). Todos golpes militares sanguentos apoiados abertamente o en segredo por EEUU contra gobernos elixidos democraticamente.

SITUACIÓN INTERNA EN CADA BLOQUE

Características internas de cada zona:
·       Bloque capitalista:

·       Economía: sistema de capitalismo mixto, inversión privada con gran inversión pública, polo que as empresas privadas conviven con potentes empresas públicas.

·       Sociedade: sociedade de consumo na que predomina a clase media con gran capacidade de consumo. La clase baixa se reduce e se mantén a clase alta. Isto foi posible grazas á creación do Estado do Benestar.  Por primeira vez, o Estado comprométese a garantir uns dereitos sociais e laborais mínimos para todos los cidadáns, impostos directos proporcionais á  riqueza (pagan más os que máis teñen). Estas medidas foron apoiadas por todos os partidos occidentais para evitar que os comunistas aumentaran o seu apoio popular e ganaran as eleccións. 

·       Política: gran popularidade da democracia parlamentaria. Partidos socialdemócratas (esquerda) e partidos liberais ou conservadores (dereita).  Ambos respectan un sistema mixto de libre mercado e Estado do Benestar.

·       Bloque comunista:

·       Economía: sistema de socialismo de estado, unicamente inversión pública e empresas públicas.

·      Sociedade: predominio da clase media pero con escasa capacidade de consumo. A clase baixa case desaparece e redúcese a clase alta. Os primeiros que se comprometeron a garantir unha serie de dereitos económicos e sociais a todos os seus cidadáns, pero a partir de finais dos 60 os problemas económicos reduciron o nivel de vida e se pasou a un predominio da clase media-baixa.

·       Política: ditaduras bautizadas como democracias populares, moi impopulares.


Terceira fase: Fin da guerra fría (1975-1989)

A partir de 1981, os EEUU, baixo a presidencia de Ronald Reagan, comezan o custosísimo plan de defensa chamado Iniciativa para a Defensa Estratéxica (Guerra das Galaxias). A grave crise económica que padecía a URSS dende os 70 impediulle levar a cabo un plan semellante para contrarrestar o plan norteamericano, e o aumento do gasto militar fai que as condicións de vida sexan cada día peores.

Por iso van ser os soviéticos os que lles propoñan aos EEUU o desarmamento nuclear, nas reunións celebradas entre Reagan, presidente dos EEUU e Gorbachov, máxima autoridade soviética desde 1985. O. Para iso iniciou una serie de reformas económicas (introducindo elementos capitalistas) políticas (a perestroika, que introduce elementos democráticos) e informativas (a glásnost, maior liberdade de expresión e transparencia informativa).

Entre as medidas democratizadoras estaban a celebración de eleccións libres nas repúblicas soviéticas: isto levou á vitoria de partidos anticomunistas e nacionalistas, e algúns deles, como en Estonia, Letonia e Lituania, proclamaron a súa independencia. Isto levou á disolución da URSS en 15 repúblicas, a maior das cales é Rusia. Ó mesmo tempo, unha serie de revolucións nos países de Europa do Leste culminan no derrubamento do muro de Berlín en novembro de 1989, acontecemento que marca simbolicamente a caída do pano de aceiro e o final do bloque comunista. En 1991, non só os países satélites abandonan o comunismo, a propia URSS se descompón en 15 repúblicas independentes, todas elas con sistemas non comunistas. China tamén sufriu revolucións populares para democratizar o país, pero o goberno as reprimiu duramente (Matanza da plaza Tian'anmen en 1989, cerca de 3.000 mortos). Tras a desaparición da Unión Soviética, estableceuse unha nova orde mundial, baseada na hexemonía de Estados Unidos. 




Actualmente sobreviven poucos países col sistema comunista. Algúns adaptaron a súa economía ó capitalismo (China e Vietnam) conservando a parte política (ditadura)  pero con unha economía integrada no capitalismo internacional. Outros mantense precariamente (Cuba e Corea do Norte).

A caída do comunismo afectou ó primeiro mundo. Ó quedar desprestixiadas as opcións electorais de esquerda, os gobernantes reduciron os servizos do estado do benestar e privatizaron as empresas públicas (doutrina neoliberal). O resultado foi un aumento da desigualdade económica e da precariedade para a clase media e baixa do bloque capitalista. Por outro lado, os traballadores da antigo bloque comunista e o terceiro mundo melloraron en xeral a súa situación.



viernes, 13 de mayo de 2016

Mapas conceptuais

Páxinas para xerar mapas conceptuais:



https://www.text2mindmap.com/

https://bubbl.us/mindmap


Para xerar unha URL para compartir o mapa:

https://bubbl.us/mindmap : Botón "Share" -> Copiar a URL que se crea

https://www.text2mindmap.com/ : Botón "Save" - > Copiar a URL que se crea

Actualización:

Correo para os que o solicitaron: 

xeo2bac1516@gmail.com

  


miércoles, 13 de abril de 2016

O ascenso dos fascismos

En PDF


ITALIA
ALEMAÑA
SITUACIÓN DESPOIS DA 1ª GUERRA MUNDIAL
-          Crise económica polos efectos da contenda
-          Tensións sociais entre sectores conservadores e grupos comunistas
-          Insatisfacción cos efectos territoriais do Tratado de Versalles (Italia non recibe os territorios que cree merecer)
-          Crise económica polos efectos da contenda e obriga de pagar reparacións
-          Tensións sociais entre sectores conservadores e grupos comunistas
-          Insatisfacción cos efectos territoriais do Tratado de Versalles (Perda de territorios e recoñecemento forzado da culpa da guerra)
GRUPOS PARAMILITARES FASCISTAS
Fascii de combatimento (Camisas negras)
SA (Seccións de Asalto ou Camisas Marróns) e SS
PARTIDOS POLÍTICOS FASCISTAS
Partido Nacional Fascista
Líder: Benito Mussolini
Partido Nacionalsocialista dos Traballadores de Alemaña (Partido Nazi)
Líder: Adolf Hitler
VÍA DE ACCESO Ó PODER
-          1922: O PNF preséntase ás eleccións e consegue 22 dos 500 deputados. Ainda así esixe a presidencia do Goberno para Mussolini para manter a orde
-          Outubro 1922: Marcha sobre Roma: 300.000 camisas negras desfilan sobre a capital como mostra de forza. O rei Victor Manuel II nomea a Mussolini xefe do goberno
-          1923: Golpe de estado fallido (Putsch de Munich).  Tras o fracaso, Hitler cambia de estratexia e comeza a presentarse as eleccións para conseguir o poder, seguindo o exemplo de Mussolini.
-          1932: Tras a volta da crise económica polos efectos da Gran Depresión, o Partido Nazi consegue 196 deputados. Pese a non ter a maioría, o Presidente Hinderburg o nomea chanceler (primeiro ministro) polas presións de sectores conservadores para frear ós comunistas
PASO Á DICTADURA
-          Entre 1922 e 1924 o partido fascista combina o exercicio do poder coa violencia paramilitar para debilitar ós seus inimigos (Morte de Mateotti, líder da oposición)
-          Gracias a estas tácticas consegue a maioría nas eleccións de 1924, e isa maioría vota o fin da democracia e o paso a un estado totalitario
-          En 1933 se utiliza o incendio do Reichstag (Parlamento) para culpar os adversarios dos nazis e ilegalizalos.
-          Nas eleccións de 1933 o Partido Nazi alcanzou a maioría, que utilizou para eliminar as institucións democráticas. Coa morte de Hinderburg Hitler asume todo o poder como Führer (líder supremo)
ESTRUTURA DO ESTADO TOTALITARIO
-          Partido único: PNF, controla toda a acción política
-          Sindicatos verticais (con patróns e obreiros ):  Corporacións
-          Dirixismo económico: control da economía polo Estado: autarquía (autosuficiencia económica)
-          Control social: medios de comunicación, organizacións de xoves, etc
-          Partido único: Partido Nazi, controla toda a acción política
-          Sindicatos verticais (con patróns e obreiros ):  Fronte Alemán do Traballo
-          Dirixismo económico: control da economía polo Estado: autarquía (autosuficiencia económica). Obxectivo: reforzar o exército
-          Control social: medios de comunicación, organizacións de xoves, etc. Policía política: Gestapo
PRINCIPAIS DIFERENCIAS
Inspiración do Imperio Romano (fasces: símbolo de unidade romano; saúdo fascista=saúdo das tropas romanas ó xeral)
Compoñente racial: importancia da pureza de raza, os verdadeiros alemán pertencen á raza aria, discriminación e posterior xenocidio das razas “inferiores” (xudeus, romanís, eslavos)