CRISE DA RESTAURACIÓN
A
chegada ó trono de Alfonso XIII (1903) chega nunha época de crise do sistema da
Restauración. A guerra de Marrocos e os recrutamentos para ela provocan
disturbios moi graves (Semana Tráxica,
1909), e en xeral se continua cun réxime que marxina a grupos cada vez máis representativos da sociedade: republicanos, socialistas, anarquistas e
rexionalistas.
A
partir de 1917 empeora a situación, con cada vez máis violencia social nas
zonas industriais e o campo, ó que se suma a derrota do Annual na guerra de Marrocos. A investigación
parlamentaria da derrota implicaba ó rei como apoio dos militares responsables,
e provoca que o rei autorice un golpe de
Estado (1923)
O
Xeneral Miguel Primo de Rivera se converte en ditador, ilegalizando os partidos
e sindicatos obreiros e nacionalistas e eliminando os dereitos e liberdades. Se
pacifica Marrocos (desembarco de Alhucemas) e se aproveita a neutralidade na 1ª
guerra mundial para mellorar a economía.
Os
efectos de Gran Depresión provocan a caída da economía e o crecemento da
oposición á ditadura; Primo de Rivera dimite e Alfonso XIII intenta un retorno
á democracia convocando eleccións municipais para abril de 1931. Nese momento,
sen embargo, a oposición á monarquía (republicanos, socialistas e nacionalistas),
que crecera en apoios pola ditadura e a crise,
preséntase unida as eleccións e gaña na maioría das provincias. As
manifestacións espontáneas de celebración nas principais cidades provocaron a
fuxida do rei e a proclamación da II
República.
A SEGUNDA REPÚBLICA (1931 – 1936)
A Segunda República (1931-1936) foi unha etapa
moi significativa na historia de España. Constituíu un intento de modernización
política e tratou de adecuar o seu marco lexislativo e institucional ós
acelerados cambios sociais e económicos.
1.
GOBERNO PROVISIONAL INTERINO (1931) Á proclamación de la II República o 14 de abril de 1931,
que ocorreu nun momento
parlamentario un tanto complicado, seguiulle
a formación dun Goberno provisional con grupos políticos divididos en:
- Antigos monárquicos
(Alcalá Zamora e Maura)
- Republicanos (Lerroux,
Azaña)
- Nacionalistas
moderados
- Socialistas (Besteiro,
Prieto e Largo Caballero).
A principal tarefa do
novo goberno foi convocar eleccións a Cortes constituíntes. As Cortes dedicáronse
a debater a futura Constitución e en decembro de 1931 foi proclamada.
Características da
Constitución de 1931:
- A soberanía era do
“pobo”. A prioridade a tiña o poder lexislativo unicameral. Sometido ó Congreso
dos Deputados estaba o poder executivo e o Tribunal Supremo. Estableceuse o
Tribunal de Garantías Constitucionais.
- Las Cortes e as
corporacións municipais eran elixidos por sufraxio universal masculino, aínda
en 1933 se permitiu votar as mulleres. O presidente da República era designado
de forma indirecta.
- Se abría a porta á
aprobación de estatutos de autonomía para as rexións.
- Presentaba una
extensa serie de dereitos individuais e sociais, limitándose o dereito á
propiedade.
- A separación entre
Igrexa e Estado prohibía exercer o ensino ás ordes relixiosas. Se aceptaba o
divorcio. A dereita católica e a Igrexa se opuxeron,
2.
BIENIO REFORMISTA (1931- 1933) Nesta etapa, o Goberno provisional experimentou dos importantes
cambios que inclinaron a política ó centroesquerda. Alcalá Zamora é elixido
presidente da República (decembro 1931-abril 1936) mentres que Azaña ocupaba a
presidencia do Goberno (ata 1933). Principais características:
-
Reforma
Agraria, que pretendía repartir a propiedade agraria para satisfacer a
demanda dos xornaleiros sen terras. Se aprobou no 1932 e se intentou aplicar en
todos os territorios, molestando a pequenos e medianos propietarios.
-
As reformas militares, promovidas por Azaña, que pretendían lograr a fidelidade dos
militares á República.
-
A reforma eclesiástica, que tiña como obxectivo separar Estado e Igrexa e a reforma educativa que estivo marcada
pola influencia da Institución Libre de Ensino co obxectivo de crear un sistema
educativo unificado, público, laico
e gratuíto
-
Reforma autonómica: o mesmo 14 de abril de 1931 Macià proclamou a república
catalana dentro de unha Federación Ibérica. Finalmente aceptou pregarse ó Goberno
de Madrid e acatar a Constitución a cambio de obter un goberno autonómico ou
Generalitat de Cataluña. Tamén se abriu a porta á autonomía galega e vasca.
Problemas: - A oposición á República se manifestou en varios
intentos de insurrección militar, encabezadas por Sanjurjo, que intentou un
Golpe de Estado en agosto de 1932, e na
formación de grupos políticos, como fascistas, carlistas, monárquicos
alfonsinos e dereita católica (CEDA), que traballaran dentro da República co
obxectivo de derrocala
- A
CNT (sindicato anarquista con centos de miles de afiliados) enfrontouse ó
goberno por consideralo demasiado moderado, promovendo folgas e exercendo
presión na UGT, sindicato do PSOE, para radicalizarse.
Esta
dobre presión e incidentes como Casas Viejas fixeron moi difícil o goberno para
Azaña. Finalmente, Zamora disolveu as Cortes e promoveu eleccións en novembro
de 1933.
3. BIENIO DEREITISTA (1933 – 1936) Triunfo
nas eleccións das candidaturas de centro e dereita, comezando así un novo
período republicano. Os rasgos principais son:
-
Dificultade para formar gobernos estables debido a que la CEDA (o partido máis
votado) estaba en contra da República e non tiña claro se participar no Goberno
(o presidente era Lerroux, do partido Radical, que era de centro)
-
Os gobernos se dedicaron a frear las medidas do bienio anterior, excepto en
parte as reformas educativas e militares
- O
desenvolvemento autonómico caeu no olvido. A autonomía catalana se paralizou e os
estatutos vascos e galegos non se tramitaron.
–A entrada
de tres ministros da CEDA no Goberno, en outubro de 1934, foi interpretada polos
socialistas como una entrega de la República as mans dos seus inimigos, polo
que convocaron unha folga xeral revolucionaria no que se coñece como a Revolución de Outubro. Esta Revolución
só tivo certo éxito en Asturias (e, nun sentido máis nacionalista, en Cataluña,
coa proclamación temporal do Estado
Catalán), e contribuíu a radicalizar
as posturas políticas: na dereita porque demostraba a radicalidade e carencia
de espírito democrático da esquerda; na esquerda, pola brutal represión e
encadeamento masivo dos participantes, o que facilitou o entendemento de forzas
republicanas moderadas, socialistas e anarquistas para acudir xuntas as
seguintes elección como Fronte Popular, plataforma
electoral cun programa mínimo e escasamente revolucionario: propugnaba amnistía,
el restablecemento na práctica da Constitución de 1931, la recuperación do
primeiro bienio e a aceleración da reforma agraria e educativa. En febreiro de
1936, as eleccións deron a vitoria ó Fronte Popular.
4. O GOBERNO DO FRONTE POPULAR (1936)
Entre febreiro e xullo de 1936:
-
Se formaron gobernos exclusivamente con republicanos moderados de esquerda,
dirixidos por Azaña, e despois por Casares Quiroga.
-
Los socialistas non participaron no Goberno pola división interna dentro de
esta formación política, en parte partidario da revolución.
- O
PCE opinaba que a defensa da República e a democracia era prioritaria, postura
que permitiu aumentar a súa influencia
-
As decisións máis importantes foron a amnistía para os encadeados pola
Revolución do 34, a readmisión dos traballadores represaliados e o establecemento
do Estatuto de Cataluña e a Generalitat. Se procedeu tamén a restaurar o
programa do Bienio Reformista.
-
Os militares foron alonxados dos centros de poder, o que non impediu a
preparación do golpe
- O
movemento sindical lanzouse a unha ofensiva encabezada pola CNT e a UGT. Moitos
labradores ocuparon as terras. En xeral, a esquerda obreira adopta unha
posición revolucionaria e a dereita unha posición provocadora e conspiradora.
-
Incrementouse o terrorismo, provocado por grupos de falanxistas armados e
represalias por parte de “incontrolados” de esquerdas, que sumen o país nunha
espiral de violencia insostible que culmina co asasinato dun oficial da Garda
de Asalto republicana, o tenente Castillo, simpatizante socialista. A resposta
chegou a seguinte madrugada co asasinato de José Calvo Sotelo, líder da
oposición de dereitas no Congreso, por
parte dun grupo de membros das forzas de seguridade que non foron castigados. O
17 de Xullo de 1936 o exército de Marrocos iniciaba a rebelión contra o goberno
da República. O triunfo parcial do golpe desencadeou a Guerra Civil.
A GUERRA CIVIL (1936-1939)
La
Guerra Civil foi, por tanto, a consecuencia dun golpe militar mal executado e
dun Goberno demasiado débil para atallalo.
1.
CAUSAS E INICIO DO CONFLICTO:
As causas que desatan a Guerra son diversas:
-
a
polarización da sociedade española (radicalización de partidos de dereitas e de
esquerdas, en parte influenciada pola crise da democracia e o ascenso dos
totalitarismos en Europa), que provoca violencia crecente nas rúas
-
a estrutura
socioeconómica atrasada de España como país subdesenvolvido e extremadamente
desigual
-
as
posturas máis conservadoras da Igrexa –que interpretará a Guerra como unha
cruzada fronte o percibido anticlericalismo da República
-
o malestar
do exército polas reformas militares de Azaña e a formación de un bando
anti-autonomista e anti-esquerdista apoiado pola CEDA e a Falanxe.
Pero a causa máis inmediata foi a conspiración militar
iniciada como consecuencia da vitoria do Fronte Popular nas eleccións de febreiro
do 1936 coa colaboración de membros da alta burguesía como os banqueiros March.
O estratega e xefe foi Emilio Mola. Sanjurjo era o elixido para lideralo, pero morreu nun accidente os primeiros días
da sublevación. Pola súa parte Franco, tras controlar a situación en Canarias,
desprazouse a Marrocos para dirixir o que pretendían que fora un golpe breve e
rotundo.
2.
FASES MILITARES DA GUERRA CIVIL
O golpe triúnfa no
Sur (Andalucía, Estremadura) e no noroeste (Galicia, León), fracasando no resto
do territorio que se mantén fiel á República, destacando Madrid, Cataluña,
Valencia e o País Vasco.
Primeira
fase (1936): Avance cara Madrid do
bando nacional (golpista), tomando Badaxoz e Toledo e fracasando na toma de
Madrid
Segunda
fase (1937): O bando nacional centra os
seus esforzos no norte, tomando Asturias, Santander e Bilbao e cerrando o
fronte setentrional. Tamén termina de ocupar o sur coa toma de Málaga. A
República queda rodeada.
Terceira
fase (1938): División da zona
republicana, o bando franquista chega ó Mediterráneo e deixa illada Cataluña.
Intento de contraataque republicano na batalla do Ebro que finalmente fracasa.
A conferencia de Munich desmoraliza o bando republicano, se retiran as Brigadas
Internacionais
Cuarta fase (1939): Fin da guerra coa derrota republicana o 1 de Abril de
1939. Exilio masivo republicano.
Cabe destacar, ademais da dimensión militar, a evolución
interna dos bandos: no bando republicano, os enfrontamentos entre os diferentes
partidos políticos foron constantes, impedindo un liderazgo militar efectivo e
obstaculizando o esforzo de guerra; mentres tanto, no bando nacional se
unifican pronto nun mando único na figura de Franco tras a morte de Mola e
Sanjurjo en accidentes de avión.
3.
DIMENSION INTERNACIONAL
Apoio dos fascismos (Alemaña, Italia, Portugal) ó bando nacional, pese a ser teoricamente
neutrais. O Reino Unido, Francia e EEUU si respectaron a neutralidade e non
participaron, apoiando á República só México e a URSS (a cambio das reservas de
oro do Banco de España). Tamén apoiados polas Brigadas Internacionais,
militantes de esquerdas que acudiron en nome propio a apoiar á República e
foron organizados por nacionalidades.
Campo de probas de novas armas como a aviación (bombardeo
de Guernica).
4.- CONSECUENCIAS
- Perdas demográficas superiores ó medio millón de
persoas, tanto no campo de batalla como nas represalias na retagarda, brutais
en ambos bandos, se ben máis organizadas no bando nacional.
- Represalias mantidas no tempo polos vencedores, coa
Causa Xeral, proceso penal para castigar os adversarios que provocará miles de
fusilamentos e innumerables anos de cadea. Ausencia total de vontade de
reconciliación.
- Exilio de centenares de miles de persoas, entre elas
gran parte das elites intelectuais, culturais e científicas españolas.
- Desastre económico: fame e pobreza pola destrución da
guerra e o illamento posterior trala derrota do Eixe na II Guerra Mundial. Non
se recuperará o nivel de vida (xa non
moi alto) ata ben entrados os anos 50
- Control total da sociedade por parte de terratenentes e
capitalistas, militares e Igrexa. Sometemento total dos vencidos. Perda de
todos os avances sociais e de liberdades da II República.
https://www.mindmeister.com/700538609/descolonizaci-n
ResponderEliminarVictor no tengo el libro en casa, está en clase; te lo paso el lunes.
ResponderEliminarPerdón