Rusia era a comezos do século XX un réxime autocrático: o zar (ou tsar) gobernaba sen Constitución ni Parlamento que limitara o seu poder. A economía rusa era agraria, con uns poucos terratenentes pertencentes á nobreza e uns campesiños con condicións de vida cercanas á escravitude.
Existe unha certa
industrialización, pero controlada por grandes propietarios estranxeiros
(principalmente franceses), o que fai que non exista unha burguesía importante,
pero si un proletariado abundante que vive nas cidades en condicións
miserables.
Existen na clandestinidade varios
partidos políticos:
- Os kadetes, liberais burgueses
- Os eseritas, revolucionarios e populares entre os campesiños
- O PSR, que pronto se escindirá en
- mencheviques, moderados (socialdemócratas),
partidarios de participar na democracia liberal
- bolxeviques, revolucionarios (comunistas),
populares no proletariado urbano
En 1905, a brutal represión dunha manifestación
pacífica (o Domingo Sanguento) provoca unha vaga de revoltas e tumultos que
coñecemos como a Revolución de 1905 que finalmente obrigan ó Zar a crear un
Parlamento e convocar eleccións. Sen embargo, en poucos anos o Zar renega das
súas promesas e volve ó autoritarismo, reprimindo os partidos e provocando a
prisión e o exilio dos seus líderes.
Soldados disparando á multitude no Domingo Sanguento en 1905
A I Guerra Mundial provoca unha
enorme mortalidade no fronte e unha enorme escaseza na poboación civil, que ve
a guerra como algo alleo provocado por os intereses comerciais dos
privilexiados (con bastante razón). En febreiro de 1917 unha enorme
manifestación en San Petersburgo inicia unha serie de folgas e motíns no
exército (Revolución de Febreiro) que causan a dimisión do Zar.
Fórmase un goberno provisional,
con eseritas e kadetes, presidido por Kerensky, que inicia un programa de
reformas pero mantén o país na guerra. O pobo, organizado en soviets (asambleas populares de obreiros, soldados e campesiños), reclama a
saída da guerra e reclaman o poder para o único partido que a garantira: os
bolxeviques.
Lenin dirixíndose á multitude en 1917
O líder dos bolxeviques, Lenin, volta do
exilio en Alemaña (nun tren blindado que atravesa o fronte oriental, cortesía do
Alto Mando alemán) e presenta as Teses de Abril, que recollen:
- a saída da guerra
- a estatalización de terras e fábricas
- o traspaso do poder os soviets
En Outubro de 1917, os
bolxeviques ocupan San Petersburgo, expulsan ó goberno provisional e toman o
poder (revolución de Outubro). En poucos meses, asinan o tratado de Brest-Litovsk no que saen da guerra
a costa de importantes perdas territoriais.
Primeiras duas páxinas do Tratado de Brest Litovsk
Cesións territoriais de Rusia no tratado