jueves, 25 de febrero de 2016

As revolucións rusas


Rusia era a comezos do século XX un réxime autocrático: o zar (ou tsar) gobernaba sen Constitución ni Parlamento que limitara o seu poder. A economía rusa era agraria, con uns poucos terratenentes pertencentes á nobreza e uns campesiños con condicións de vida cercanas á escravitude.

Existe unha certa industrialización, pero controlada por grandes propietarios estranxeiros (principalmente franceses), o que fai que non exista unha burguesía importante, pero si un proletariado abundante que vive nas cidades en condicións miserables.

Existen na clandestinidade varios partidos políticos:
  • Os kadetes, liberais burgueses
  • Os eseritas, revolucionarios e populares entre os campesiños
  • O PSR, que pronto se escindirá en
    • mencheviques, moderados (socialdemócratas), partidarios de participar na democracia liberal
    • bolxeviques, revolucionarios (comunistas), populares no proletariado urbano
En 1905, a brutal represión dunha manifestación pacífica (o Domingo Sanguento) provoca unha vaga de revoltas e tumultos que coñecemos como a Revolución de 1905 que finalmente obrigan ó Zar a crear un Parlamento e convocar eleccións. Sen embargo, en poucos anos o Zar renega das súas promesas e volve ó autoritarismo, reprimindo os partidos e provocando a prisión e o exilio dos seus líderes.



Soldados disparando á multitude no Domingo Sanguento en 1905 


A I Guerra Mundial provoca unha enorme mortalidade no fronte e unha enorme escaseza na poboación civil, que ve a guerra como algo alleo provocado por os intereses comerciais dos privilexiados (con bastante razón). En febreiro de 1917 unha enorme manifestación en San Petersburgo inicia unha serie de folgas e motíns no exército (Revolución de Febreiro) que causan a dimisión do Zar.

Fórmase un goberno provisional, con eseritas e kadetes, presidido por Kerensky, que inicia un programa de reformas pero mantén o país na guerra. O pobo, organizado en soviets (asambleas populares de obreiros, soldados e campesiños), reclama a saída da guerra e reclaman o poder para o único partido que a garantira: os bolxeviques.



Lenin dirixíndose á multitude en 1917

O líder dos bolxeviques, Lenin, volta do exilio en Alemaña (nun tren blindado que atravesa o fronte oriental, cortesía do Alto Mando alemán) e presenta as Teses de Abril, que recollen:
  • a saída da guerra
  • a estatalización de terras e fábricas
  • o traspaso do poder os soviets


En Outubro de 1917, os bolxeviques ocupan San Petersburgo, expulsan ó goberno provisional e toman o poder (revolución de Outubro). En poucos meses, asinan o tratado de Brest-Litovsk no que saen da guerra a costa de importantes perdas territoriais.


Primeiras duas páxinas do Tratado de Brest Litovsk


Cesións territoriais de Rusia no tratado

No hay comentarios:

Publicar un comentario