A 1ª guerra mundial ten unha evolución singular: uns primeiros meses de grandes movementos son seguidos por un estancamento de posicións no fronte occidental que coñecemos como guerra de trincheiras e que dura máis de tres anos, nos que practicamente non hai avance de posicións de ningún bando pero si unha extrema mortalidade (sobre cinco millóns de mortos nestes años sen avances)
Existen varios motivos, como a igualdade das forzas enfrontadas e a mobilización de toda a poboación en idade militar, pero esta estrutura tan peculiar débese sobre todo a que a Primeira Guerra Mundial chega nun momento de transición da tecnoloxía bélica, que facía moito máis sinxelo a defensa das posicións propias que o ataque sobre as inimigas:
Existen varios motivos, como a igualdade das forzas enfrontadas e a mobilización de toda a poboación en idade militar, pero esta estrutura tan peculiar débese sobre todo a que a Primeira Guerra Mundial chega nun momento de transición da tecnoloxía bélica, que facía moito máis sinxelo a defensa das posicións propias que o ataque sobre as inimigas:
- A ametralladora e os morteiros e canóns da época permitían reprimir con eficacia os ataques sobre as trincheiras, pero non podían moverse para os avances polo seu peso e perdían moita precisión a máis duns centos de metros, nos servindo para atacar eficazmente as trincheiras inimigas
- O tanque comeza a utilizarse neste conflito, sendo a mellor maneira de facer móbil a artillería e ó mesmo tempo defenderse da artillería contraria. Pero os primeiros tanques non son potentes, fiables nin o seu blindaxe é suficiente, polo que non serán decisivos
- A aviación comeza a utilizarse para recoñecemento e ataque en campo aberto, pero non ten a capacidade de bombardear a gran escala, o que faría moi difícil a vida nas trincheiras: os avións son todavía demasiado lixeiros como para poder soportar máis que explosivos como granadas. Se usarán sobre todo para misións de recoñecemento.
- O gas terá máis protagonismo que en calquera outro conflito anterior ou posterior, pero a dificultade de controlalo (o vento podía facer que se volvera contra o que a utilizara) e o horrible das consecuencias ata nun entorno tan espantoso como o fronte occidental fará que sexa visto coma un arma tabú no futuro
-
- Finalmente, as liñas de ferrocarril, xa moi estendidas no territorio desta fronte, eran decisivas para trasladar rapidamente soldados para reemprazar as baixas dos defensores e atacantes, polo que os desequilibrios provocados polas ofensivas eran rapidamente corrixidos e se volvía á igualdade de forzas.
A consecuencia de todo esto, as trincheiras, que anteriormente eran refuxios provisionais con días ou como moito semanas de vida útil, trasfórmanse en pequenas cidades subterráneas ante o bloqueo, sendo a imaxe máis representativa da guerra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario