miércoles, 13 de abril de 2016

Tema 10: Tempos de confrontación en España (1898 - 1936)

En PDF



CRISE DA RESTAURACIÓN

A chegada ó trono de Alfonso XIII (1903) chega nunha época de crise do sistema da Restauración. A guerra de Marrocos e os recrutamentos para ela provocan disturbios moi graves (Semana Tráxica, 1909), e en xeral se continua cun réxime que marxina a grupos cada vez máis representativos da sociedade: republicanos, socialistas, anarquistas e rexionalistas.
A partir de 1917 empeora a situación, con cada vez máis violencia social nas zonas industriais e o campo, ó que se suma a derrota do Annual na guerra de Marrocos. A investigación parlamentaria da derrota implicaba ó rei como apoio dos militares responsables, e provoca que o rei autorice un golpe de Estado (1923)
O Xeneral Miguel Primo de Rivera se converte en ditador, ilegalizando os partidos e sindicatos obreiros e nacionalistas e eliminando os dereitos e liberdades. Se pacifica Marrocos (desembarco de Alhucemas) e se aproveita a neutralidade na 1ª guerra mundial para mellorar a economía.
Os efectos de Gran Depresión provocan a caída da economía e o crecemento da oposición á ditadura; Primo de Rivera dimite e Alfonso XIII intenta un retorno á democracia convocando eleccións municipais para abril de 1931. Nese momento, sen embargo, a oposición á monarquía (republicanos, socialistas e nacionalistas), que crecera en apoios pola ditadura e a crise,  preséntase unida as eleccións e gaña na maioría das provincias. As manifestacións espontáneas de celebración nas principais cidades provocaron a fuxida do rei e a proclamación da II República.
A SEGUNDA REPÚBLICA (1931 – 1936)
 A Segunda República (1931-1936) foi unha etapa moi significativa na historia de España. Constituíu un intento de modernización política e tratou de adecuar o seu marco lexislativo e institucional ós acelerados cambios sociais e económicos.
1.       GOBERNO PROVISIONAL INTERINO (1931) Á proclamación de la II República o 14 de abril de 1931, que ocorreu nun momento parlamentario un tanto complicado,  seguiulle a formación dun Goberno provisional con grupos políticos divididos en:

- Antigos monárquicos (Alcalá Zamora e Maura)
- Republicanos (Lerroux, Azaña)
- Nacionalistas moderados
- Socialistas (Besteiro, Prieto e Largo Caballero).

A principal tarefa do novo goberno foi convocar eleccións a Cortes constituíntes. As Cortes dedicáronse a debater a futura Constitución e en decembro de 1931 foi proclamada.

Características da Constitución de 1931:
- A soberanía era do “pobo”. A prioridade a tiña o poder lexislativo unicameral. Sometido ó Congreso dos Deputados estaba o poder executivo e o Tribunal Supremo. Estableceuse o Tribunal de Garantías Constitucionais.
- Las Cortes e as corporacións municipais eran elixidos por sufraxio universal masculino, aínda en 1933 se permitiu votar as mulleres. O presidente da República era designado de forma indirecta.
- Se abría a porta á aprobación de estatutos de autonomía para as rexións.
- Presentaba una extensa serie de dereitos individuais e sociais, limitándose o dereito á propiedade.
- A separación entre Igrexa e Estado prohibía exercer o ensino ás ordes relixiosas. Se aceptaba o divorcio. A dereita católica e a Igrexa se opuxeron,

2.      BIENIO REFORMISTA (1931- 1933) Nesta etapa, o Goberno provisional experimentou dos importantes cambios que inclinaron a política ó centroesquerda. Alcalá Zamora é elixido presidente da República (decembro 1931-abril 1936) mentres que Azaña ocupaba a presidencia do Goberno (ata 1933). Principais características:

-          Reforma Agraria, que pretendía repartir a propiedade agraria para satisfacer a demanda dos xornaleiros sen terras. Se aprobou no 1932 e se intentou aplicar en todos os territorios, molestando a pequenos e medianos propietarios.

-         As reformas militares, promovidas por Azaña,  que pretendían lograr a fidelidade dos militares á República.

-         A reforma eclesiástica, que tiña como obxectivo separar Estado e Igrexa e a reforma educativa que estivo marcada pola influencia da Institución Libre de Ensino co obxectivo de crear un sistema educativo unificado, público, laico e gratuíto

-         Reforma autonómica: o mesmo 14 de abril de 1931 Macià proclamou a república catalana dentro de unha Federación Ibérica. Finalmente aceptou pregarse ó Goberno de Madrid e acatar a Constitución a cambio de obter un goberno autonómico ou Generalitat de Cataluña. Tamén se abriu a porta á autonomía galega e vasca.

Problemas: - A oposición á República se manifestou en varios intentos de insurrección militar, encabezadas por Sanjurjo, que intentou un Golpe de Estado en agosto de 1932,  e na formación de grupos políticos, como fascistas, carlistas, monárquicos alfonsinos e dereita católica (CEDA), que traballaran dentro da República co obxectivo de derrocala
- A CNT (sindicato anarquista con centos de miles de afiliados) enfrontouse ó goberno por consideralo demasiado moderado, promovendo folgas e exercendo presión na UGT, sindicato do PSOE, para radicalizarse.
Esta dobre presión e incidentes como Casas Viejas fixeron moi difícil o goberno para Azaña. Finalmente, Zamora disolveu as Cortes e promoveu eleccións en novembro de 1933.
3. BIENIO DEREITISTA (1933 – 1936) Triunfo nas eleccións das candidaturas de centro e dereita, comezando así un novo período republicano. Os rasgos principais son:
- Dificultade para formar gobernos estables debido a que la CEDA (o partido máis votado) estaba en contra da República e non tiña claro se participar no Goberno (o presidente era Lerroux, do partido Radical, que era de centro)
- Os gobernos se dedicaron a frear las medidas do bienio anterior, excepto en parte as reformas educativas e militares
- O desenvolvemento autonómico caeu no olvido. A autonomía catalana se paralizou e os estatutos vascos e galegos non se tramitaron.
–A entrada de tres ministros da CEDA no Goberno, en outubro de 1934, foi interpretada polos socialistas como una entrega de la República as mans dos seus inimigos, polo que convocaron unha folga xeral revolucionaria no que se coñece como a Revolución de Outubro. Esta Revolución só tivo certo éxito en Asturias (e, nun sentido máis nacionalista, en Cataluña, coa proclamación temporal do Estado Catalán), e contribuíu a  radicalizar as posturas políticas: na dereita porque demostraba a radicalidade e carencia de espírito democrático da esquerda; na esquerda, pola brutal represión e encadeamento masivo dos participantes, o que facilitou o entendemento de forzas republicanas moderadas, socialistas e anarquistas para acudir xuntas as seguintes elección como Fronte Popular, plataforma electoral cun programa mínimo e escasamente revolucionario: propugnaba amnistía, el restablecemento na práctica da Constitución de 1931, la recuperación do primeiro bienio e a aceleración da reforma agraria e educativa. En febreiro de 1936, as eleccións deron a vitoria ó Fronte Popular.
4. O GOBERNO DO FRONTE POPULAR (1936) Entre febreiro e xullo de 1936:
- Se formaron gobernos exclusivamente con republicanos moderados de esquerda, dirixidos por Azaña, e despois por Casares Quiroga.
- Los socialistas non participaron no Goberno pola división interna dentro de esta formación política, en parte partidario da revolución.
- O PCE opinaba que a defensa da República e a democracia era prioritaria, postura que permitiu aumentar a súa influencia
- As decisións máis importantes foron a amnistía para os encadeados pola Revolución do 34, a readmisión dos traballadores represaliados e o establecemento do Estatuto de Cataluña e a Generalitat. Se procedeu tamén a restaurar o programa do Bienio Reformista.
- Os militares foron alonxados dos centros de poder, o que non impediu a preparación do golpe
- O movemento sindical lanzouse a unha ofensiva encabezada pola CNT e a UGT. Moitos labradores ocuparon as terras. En xeral, a esquerda obreira adopta unha posición revolucionaria e a dereita unha posición provocadora e conspiradora.
- Incrementouse o terrorismo, provocado por grupos de falanxistas armados e represalias por parte de “incontrolados” de esquerdas, que sumen o país nunha espiral de violencia insostible que culmina co asasinato dun oficial da Garda de Asalto republicana, o tenente Castillo, simpatizante socialista. A resposta chegou a seguinte madrugada co asasinato de José Calvo Sotelo, líder da oposición de dereitas no Congreso,  por parte dun grupo de membros das forzas de seguridade que non foron castigados. O 17 de Xullo de 1936 o exército de Marrocos iniciaba a rebelión contra o goberno da República. O triunfo parcial do golpe desencadeou a Guerra Civil.


A GUERRA CIVIL (1936-1939)

La Guerra Civil foi, por tanto, a consecuencia dun golpe militar mal executado e dun Goberno demasiado débil para atallalo.
1.      CAUSAS E INICIO DO CONFLICTO:

As causas que desatan a Guerra son diversas:

-         a polarización da sociedade española (radicalización de partidos de dereitas e de esquerdas, en parte influenciada pola crise da democracia e o ascenso dos totalitarismos en Europa), que provoca violencia crecente nas rúas
-         a estrutura socioeconómica atrasada de España como país subdesenvolvido e extremadamente desigual
-         as posturas máis conservadoras da Igrexa –que interpretará a Guerra como unha cruzada fronte o percibido anticlericalismo da República
-         o malestar do exército polas reformas militares de Azaña e a formación de un bando anti-autonomista e anti-esquerdista apoiado pola CEDA e a Falanxe.

Pero a causa máis inmediata foi a conspiración militar iniciada como consecuencia da vitoria do Fronte Popular nas eleccións de febreiro do 1936 coa colaboración de membros da alta burguesía como os banqueiros March. O estratega e xefe foi Emilio Mola. Sanjurjo era o elixido para lideralo,  pero morreu nun accidente os primeiros días da sublevación. Pola súa parte Franco, tras controlar a situación en Canarias, desprazouse a Marrocos para dirixir o que pretendían que fora un golpe breve e rotundo.


2.     FASES MILITARES DA GUERRA CIVIL

O golpe triúnfa  no Sur (Andalucía, Estremadura) e no noroeste (Galicia, León), fracasando no resto do territorio que se mantén fiel á República, destacando Madrid, Cataluña, Valencia e o País Vasco.

Primeira fase (1936): Avance cara Madrid do bando nacional (golpista), tomando Badaxoz e Toledo e fracasando na toma de Madrid

Segunda fase (1937): O bando nacional centra os seus esforzos no norte, tomando Asturias, Santander e Bilbao e cerrando o fronte setentrional. Tamén termina de ocupar o sur coa toma de Málaga. A República queda rodeada.

Terceira fase (1938): División da zona republicana, o bando franquista chega ó Mediterráneo e deixa illada Cataluña. Intento de contraataque republicano na batalla do Ebro que finalmente fracasa. A conferencia de Munich desmoraliza o bando republicano, se retiran as Brigadas Internacionais

 Cuarta fase (1939): Fin da guerra coa derrota republicana o 1 de Abril de 1939. Exilio masivo republicano.



Cabe destacar, ademais da dimensión militar, a evolución interna dos bandos: no bando republicano, os enfrontamentos entre os diferentes partidos políticos foron constantes, impedindo un liderazgo militar efectivo e obstaculizando o esforzo de guerra; mentres tanto, no bando nacional se unifican pronto nun mando único na figura de Franco tras a morte de Mola e Sanjurjo en accidentes de avión.


3.     DIMENSION INTERNACIONAL

Apoio dos fascismos (Alemaña, Italia, Portugal)  ó bando nacional, pese a ser teoricamente neutrais. O Reino Unido, Francia e EEUU si respectaron a neutralidade e non participaron, apoiando á República só México e a URSS (a cambio das reservas de oro do Banco de España). Tamén apoiados polas Brigadas Internacionais, militantes de esquerdas que acudiron en nome propio a apoiar á República e foron organizados por nacionalidades.

Campo de probas de novas armas como a aviación (bombardeo de Guernica).




4.- CONSECUENCIAS

- Perdas demográficas superiores ó medio millón de persoas, tanto no campo de batalla como nas represalias na retagarda, brutais en ambos bandos, se ben máis organizadas no bando nacional.

- Represalias mantidas no tempo polos vencedores, coa Causa Xeral, proceso penal para castigar os adversarios que provocará miles de fusilamentos e innumerables anos de cadea. Ausencia total de vontade de reconciliación.

- Exilio de centenares de miles de persoas, entre elas gran parte das elites intelectuais, culturais e científicas españolas.

- Desastre económico: fame e pobreza pola destrución da guerra e o illamento posterior trala derrota do Eixe na II Guerra Mundial. Non se recuperará o nivel  de vida (xa non moi alto) ata ben entrados os anos 50

- Control total da sociedade por parte de terratenentes e capitalistas, militares e Igrexa. Sometemento total dos vencidos. Perda de todos os avances sociais e de liberdades da II República.

jueves, 17 de marzo de 2016

Tarefas reforzo - Recuperación 2º avaliación


Estas son as tarefas que deben entregarse antes do 1 de abril. Os contidos se encontran no libro, salvo onde se indican referencias ó blog


TEMA 4

Indica as principais características das seguintes constitucións: 1812, 1837, 1845, 1869, 1876


Explica os acontecementos que provocaron a Guerra da Independencia española

Explica as principais causas da Independencia das colonias americanas

Explica a causa directa da I Guerra Carlista

Explica os principais problemas e limitacións do reinado de Isabel II



Indica as principais etapas do Sexenio Democrático e os feitos máis destacados de cada unha delas

Explica as principais características do réxime da Restauración a partir de 1876




TEMA 6

Enumera y describe las causas del imperialismo

Describe e pon un exemplo de cada unha das tres diferentes clases de colonia

Indica os principais territorios dos imperios coloniais de Gran Bretaña, Francia, Alemaña, Bélxica, Italia, Portugal, EEUU.

Describe as consecuencias do imperialismo



TEMA 7


Indica as principais características dos seguintes estilos: Rococó, neoclásico, romanticismo, realismo, impresionismo, modernismo. Nome, autor e estilo das obras de referencia (aquí)


TEMA 8

Indica o papel xogado por o imperialismo e o nacionalismo no desencadeamento da 1ª Guerra Mundial

Describe as tres fases da 1ª Guerra Mundial, indicando os principais acontecementos de cada unha delas

Describe o papel na 1ª Guerra Mundial dos principais avances técnicos (aquí)

Describe os principais cambios territoriais derivados do Tratado de Versalles

Indica a data e describe brevemente as tres revolucións rusas entre 1905 e 1917 (aquí)



DEFINICIÓNS:


- Xunta Suprema Central

- Tratado de Valençay

- Tratado de Fontainebleau

- Bailén

- Porlier

- Prim

- Unión Liberal

- Camarillismo

- Pavía

- A Gloriosa

- Golpe de Riego

- Quenda pacífica

- Convenio de Vergara

- Narváez


- Etnocentrismo

- Livingstone, Stanley, Brazza

- Boxers

- Maraxás

- Sipaios

- Compañía Británica das Indias Orientais

- Tripla alianza

- Triplo acordo

- Kadetes

- Eseritas

- Menxeviques

- Bolxeviques

- Domingo Sanguento

- Tratado de Brest-Litovsk 





 

jueves, 25 de febrero de 2016

As revolucións rusas


Rusia era a comezos do século XX un réxime autocrático: o zar (ou tsar) gobernaba sen Constitución ni Parlamento que limitara o seu poder. A economía rusa era agraria, con uns poucos terratenentes pertencentes á nobreza e uns campesiños con condicións de vida cercanas á escravitude.

Existe unha certa industrialización, pero controlada por grandes propietarios estranxeiros (principalmente franceses), o que fai que non exista unha burguesía importante, pero si un proletariado abundante que vive nas cidades en condicións miserables.

Existen na clandestinidade varios partidos políticos:
  • Os kadetes, liberais burgueses
  • Os eseritas, revolucionarios e populares entre os campesiños
  • O PSR, que pronto se escindirá en
    • mencheviques, moderados (socialdemócratas), partidarios de participar na democracia liberal
    • bolxeviques, revolucionarios (comunistas), populares no proletariado urbano
En 1905, a brutal represión dunha manifestación pacífica (o Domingo Sanguento) provoca unha vaga de revoltas e tumultos que coñecemos como a Revolución de 1905 que finalmente obrigan ó Zar a crear un Parlamento e convocar eleccións. Sen embargo, en poucos anos o Zar renega das súas promesas e volve ó autoritarismo, reprimindo os partidos e provocando a prisión e o exilio dos seus líderes.



Soldados disparando á multitude no Domingo Sanguento en 1905 


A I Guerra Mundial provoca unha enorme mortalidade no fronte e unha enorme escaseza na poboación civil, que ve a guerra como algo alleo provocado por os intereses comerciais dos privilexiados (con bastante razón). En febreiro de 1917 unha enorme manifestación en San Petersburgo inicia unha serie de folgas e motíns no exército (Revolución de Febreiro) que causan a dimisión do Zar.

Fórmase un goberno provisional, con eseritas e kadetes, presidido por Kerensky, que inicia un programa de reformas pero mantén o país na guerra. O pobo, organizado en soviets (asambleas populares de obreiros, soldados e campesiños), reclama a saída da guerra e reclaman o poder para o único partido que a garantira: os bolxeviques.



Lenin dirixíndose á multitude en 1917

O líder dos bolxeviques, Lenin, volta do exilio en Alemaña (nun tren blindado que atravesa o fronte oriental, cortesía do Alto Mando alemán) e presenta as Teses de Abril, que recollen:
  • a saída da guerra
  • a estatalización de terras e fábricas
  • o traspaso do poder os soviets


En Outubro de 1917, os bolxeviques ocupan San Petersburgo, expulsan ó goberno provisional e toman o poder (revolución de Outubro). En poucos meses, asinan o tratado de Brest-Litovsk no que saen da guerra a costa de importantes perdas territoriais.


Primeiras duas páxinas do Tratado de Brest Litovsk


Cesións territoriais de Rusia no tratado

miércoles, 24 de febrero de 2016

A Primeira Guerra Mundial: avances tenolóxicos e guerra de trincheiras

A 1ª guerra mundial ten unha evolución singular: uns primeiros meses de grandes movementos son seguidos por un estancamento de posicións no fronte occidental que coñecemos como guerra de trincheiras e que dura máis de tres anos, nos que practicamente non hai avance de posicións de ningún bando pero si unha extrema mortalidade (sobre cinco millóns de mortos nestes años sen avances)



Existen varios motivos, como a igualdade das forzas enfrontadas e a mobilización de toda a poboación en idade militar, pero esta estrutura tan peculiar débese sobre todo a que a Primeira Guerra Mundial chega nun momento de transición da tecnoloxía bélica, que facía moito máis sinxelo a defensa das posicións propias que o ataque sobre as inimigas:


  • A ametralladora e os morteiros e canóns da época permitían reprimir con eficacia os ataques sobre as trincheiras, pero non podían moverse para os avances polo seu peso e perdían moita precisión a máis duns centos de metros, nos servindo para atacar eficazmente as trincheiras inimigas


  • O tanque comeza a utilizarse neste conflito, sendo a mellor maneira de facer móbil a artillería e ó mesmo tempo defenderse da artillería contraria. Pero os primeiros tanques non son potentes, fiables nin o seu blindaxe é suficiente, polo que non serán decisivos 

  • A aviación comeza a utilizarse para recoñecemento e ataque en campo aberto, pero non ten a capacidade de bombardear a gran escala, o que faría moi difícil a vida nas trincheiras: os avións son todavía demasiado lixeiros como para poder soportar máis que explosivos como granadas. Se usarán sobre todo para misións de recoñecemento.



  • O gas terá máis protagonismo que en calquera outro conflito anterior ou posterior, pero a dificultade de controlalo (o vento podía facer que se volvera contra o que a utilizara) e o horrible das consecuencias ata nun entorno tan espantoso como o fronte occidental fará que sexa visto coma un arma tabú no futuro

  • Finalmente, as liñas de ferrocarril, xa moi estendidas no territorio desta fronte, eran decisivas para trasladar rapidamente soldados para reemprazar as baixas dos defensores e atacantes, polo que os desequilibrios provocados polas ofensivas eran rapidamente corrixidos e se volvía á igualdade de forzas.


A consecuencia de todo esto, as trincheiras, que anteriormente eran refuxios provisionais con días ou como moito semanas de vida útil, trasfórmanse en pequenas cidades subterráneas ante o bloqueo, sendo a imaxe máis representativa da guerra.




viernes, 29 de enero de 2016

Cadro Constitucións século XIX




CONSTITUCIÓN DE 1812
CONSTITUCIÓN DE 1837
CONSTITUCIÓN DE 1845
CONSTITUCIÓN DE 1869
CONSTITUCIÓN DE 1876
SOBERANÍA
Nacional
Nacional
Compartida entre a nación e a raíña
Nacional
Compartida entre a nación e o rei
IDEOLOXÍA
Progresista
Progresista
Conservadora
Progresista (democrática)
Conservadora
SEPARACIÓN DE PODERES
Executivo: Rei

Lexislativo: Cortes

Xudicial: Tribunais
Executivo: Monarca

Lexislativo: Cortes (Dereito de veto para o monarca)

Xudicial: Tribunais 
Executivo: Monarca

Lexislativo: Cortes + Monarca

Xudicial: Tribunais 
Executivo: Monarca + Ministros

Lexislativo: Cortes

Xudicial: Tribunais 
Executivo: Monarca

Lexislativo:
Cortes con dereito de veto Monarca

Xudicial: Tribunais 


DEREITOS E LIBERDADES
Lista ampla
Lista ampla
Lista reducida
Lista ampla
Flexible: se reduce o ampla segundo o goberno do momento
SUFRAXIO
Universal
Censatario de base ampla
Censatario de base estreita
Universal
Censatario, aínda que ampliable (en 1890 universal para homes maiores de 25 anos)
RELACIÓN COA IGREXA
Estado confesional sen liberdade de culto
Estado non confesional
Estado confesional con liberdade de culto
Estado non confesional
Estado confesional con liberdade de culto